Leite Enteiro Sen Lactosa
Leite de vaca enteiro pasteurizado Sen Lactosa. Produto ecolóxico. Este produto só estará dispoñible en envase de plástico na tenda en liña por cuestións loxísticas
As propiedades organolépticas e as características do noso leite ecolóxico responden a un modelo de gandería sostible baseada no pastoreo diario.
Unha alimentación 100% ecolóxica e unha rutina marcada polo benestar animal tradúcense directamente nunha materia prima de calidade e sabor diferenciados.
Un produto fresco, ecolóxico, con tódalas garantías hixiénico-sanitarias grazas á pasteurización que realizamos inmediatamente despois de muxir. Este lixeiro tratamento térmico permítenos garantir a súa seguridade respectando as cualidades e o sabor do leite acabado de muxir. O leite de sempre, SEN MÁIS, agora tamén dispoñible SEN LACTOSA.