PREMIO SON MULLER 2022

O pasado 16 de decembro recollemos da man da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo un dos galardóns da última edición dos premios SON MULLER.

Un convocatoria que procura o recoñecemento da actividade profesional das mulleres da provincia. Estamos inmensamente agradecidas por este premio, dentro da categoría Son Empresaria Rural. Unha importante dose de alegría e ilusión despois dun camiño moi longo, de moito traballo e entrega. O que emprendemos para facer realidade un soño: o noso proxecto SEN MÁIS.

Compartimos as crónicas que detallan os datos da xornada. Un fermoso encontro onde puidemos ademais compartir espazo con moitas mulleres empresarias e emprendoras, auténticos referentes no mundo empresarial, tamén no mundo rural. Felices ademais porque nesta edición un dos galardóns da categoría SON EMPRESARIA tamén foi para unha muller da comarca da Ulloa, do concello de Palas de Rei, e resultou finalista unha terceira emprendedora rural do concello de Antas de Ulla.

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/emprender-femenino-tiene-premio/202212161819581625016.html

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2022/12/16/lugo-premia-espiritu-emprendedor-mujeres/00031671230795031188499.htm

https://www.ecosdacomarca.com/post/a-cooperativa-vacas-da-ulloa-foi-a-ga%C3%B1adora-da-categor%C3%ADa-son-muller-rural-dos-premios-son-muller

Comentarios

Deixa o teu comentario