Leite Fresco Ecolóxico

Cos pés e o corazón na aldea, nace o leite SEN MÁIS. Por que este nome? Porque somos gandeiras, esa é a nosa natureza, e dun acto tan cotiá como coidar e muxir as nosas vacas, obtemos un produto único: simplemente leite. E non podía ser doutro xeito, branco e en botella de vidro, para que chegue á xente conservando toda a esencia desta terra, a comarca da Ulloa, corazón de Galicia. As propiedades organolépticas e as características do noso leite ecolóxico responden a un modelo de gandería sostible baseada no pastoreo diario. Unha alimentación 100% ecolóxica e unha rutina marcada polo benestar do animal tradúcense directamente nunha materia prima de calidade e sabor diferenciados. Un produto fresco, ecolóxico, con tódalas garantías hixiénico-sanitarias grazas á pasteurización que realizamos inmediatamente despois de muxir. Este lixeiro tratamento térmico permítenos garantir a súa seguridade respectando as cualidades e o sabor do leite acabado de muxir. O leite de sempre, SEN MÁIS.

Filtros activos