“Para nós foi unha declaración de intencións: hai que defender un produto o que temos aquí Somos [Lugo] a principal rexión produtora de leite de España, a oitava de Europa, pero vimos como foron cambiando os hábitos de consumo e o leite fresco foi desaparecendo das cestas da compra”.
Sen Máis aposta pola distribución en pequenas tendas onde a relación co cliente é fundamental, reivindicando unha pauta de consumo que se axuste aos alicerces do seu enfoque: “A nosa ambición era poder transformar, envasar e comercializar a nosa produción de leite ecolóxico, chegando directamente aos consumidores, reconectando o mundo rural co mundo urbano”. Piares sólidos e coherentes: “A nosa produción é ecolóxica, está ligada a un territorio, a unha aldea, e a nosa forma de producir ten que ir da man da sustentabilidade. Defendemos un modelo de redución de residuos, polo que dende o primeiro momento establecemos un sistema de depósito e devolución das nosas botellas de vidro, que os consumidores poden devolver aos puntos de venda”.
As Vacas da Ulloa: A Cernada (Lugo). Tel. 982 096 038. Puntos de venda, aquí.
Le o artigo completo aquí
Comments (0)